Horóscopo Galego predicción da Semana do 28 de sep o 4 de outubro

Horóscopo Galego predicción da Semana do 28 de sep o 4 de outubro

Horóscopo Galego predicción da Semana Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  A  Lúa Nova pode favorecer o inicio de proxectos novos moi interesantes, tenta refacer a túa vida se sintes que iso e o correcto, leva sempre un soriso

Horóscopo Galego predicción da Semana

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  A  Lúa Nova pode favorecer o inicio de proxectos novos moi interesantes, tenta refacer a túa vida se sintes que iso e o correcto, leva sempre un soriso porque o pior xa pasou. Tenta meditar con Ioga ou con algunha merda desas dos chakras que te endereiten o corpo e a alma. Dende o día 13 a comunicación cos demais e as viaxes van ser moi positivos, pero a comunicación de verdade non a mandar juasaps e chats de facebook ou a cona que os botou… dende  o día 13 terás ideas brillantes, vas brillar mais que as fogueiras de San Xoán na praia de Nigrán… terás ideas creativas que serán moi ben acollidas.  O teu esforzo está a ter a súa recompensa.  Agárdante encontros apaixonados e fogosos vas ser mais fogoso que os eucaliutros no monte

 

  • TAURO |: Necesitas que os que te rodean se móstren claros e sinceiros contigo, sen ambigüidades mais iso mesmo debería exisirte a ti mesmo xa que diso non vas sobrada… Quizá non atopes a resposta que esperas, pero non tomes ningunha decisión se non a meditaches con calma para non equivocarte, inda que claro… Queres todo para onte e así e imposible perdirte que medites, debes ser menos terca e mais humilde e non atacar como se foses Donald Trump en Twitter.  Aproveita os días 10 e 11 porque vas contar coa protección da Lúa no teu signo, e posible que teñas un frechazo co que non contabas e botes un canivete o aire, ollo con andar a botar por dentro que estades moi fertiles.

  • XEMELGOS |: Parabéns esta semana a bareixa da sorte cagou na tua cabeza!. Transmites moi boas sensacións e espertas moitas simpatías, e alí onde vaias vaste a convertir no centro de atención, pero tenta parecer humilde e dicir, finxe todo o que poidas para cair mellor a xente. A enerxía da Lúa Nova no teu signo renóvate e activa os teus poderes, vas parecer o Antonhy Blake das sete parroquias ou a Gina Chochofrigida, todo iso está moi ben pero centrate para que consigas o que desexas.  Se non tes parella podes iniciar unha aventura que se converta nunha sólida relación, se xa tes parella pois vas a atraer a alguen moito, ti veras se queres ou non brekinar…


  • CARANGUEXO |: O teu mundo interior (e dicir ese mundo constante de biosbardos e gamusinos no que vives)  pode estar revolto e confuso pola enerxía da Lúa Nova, e quizá te cuestiones aspectos da túa vida que ata agora crías ter claros, soamente te faltaría chamarte Alicia porque vas estar inda mais no país da maravillas... Aproveita ata o día 13 se non tes parella xa que o planeta do amor, Venus, transita polo teu signo. Ollo porque se atopas a alguén interesante pode ser que o axotes e non volte o ver a tua empanada de berzas mental. Aproveita para solucionar algo que te está preocupando e aposta por ser mais reflexiva pero non auto complacente.

  • LEÓN |: A túa axilidade mental e agudeza vante a axudar a que te vexan mais rápido que Usain Bolt e mais calro que o aeroporto de Vigo. Isto vai a abrir moitas portas pero ollo que sempre hay alguén disposto o dicirte que fai corriente, pero ti non eres corriente e por iso lle das calambre a ese monte de merda envexoso. Medita e saberás aproveitar calquera oportunidade que xurda para mellorar a túa economía e o teu traballo. O día 13, coincidindo coa Lúa Nova, o planeta do amor, Venus, ingresa no teu signo e o teu poder de sedución non deixará indiferente a ninguén, vas ser un tumba brajas ou unha gheisa a ghalleja.

  • VIRXE |: Estes días estarás máis vital e emprendedor que nunca, no sexo vas andar que botas por fora, pero ollo que xa sabes que chispea antes de chover… estarás con gañas de novidades e de afastarte da rutina.  A Lúa Nova do día 13 pode desencadear moitos e todos eles afortunados cambios, especialmente no ámbito profesional vas ser un cajado pola bareixa da sorte. Podes ter soños tentadores que che mergullen nun mar de dúbidas, andaras como a primavera esta de merda en Galicia… con moita humidade así que tenta non aislarte senon mais ben airear o aparello…

  • BALANZA |: Xoga ben as túas cartas na brisca da vida e aproveita as túas oportunidades porque calquera asunto ou cuestión que emprendas estes días vai ter excelentes resultados, a bareixa da sorte deixou algo de merda para ti tamen. A Lúa Nova pode traerte viaxes e novas propostas profesionais a partir do día 13 anda atento a esas ofertas. No amor, quizá teñas a sensación de que te están esixindo demasiado, se non tes parella pois a min non me contes a tua vida, eres balanza e os balanza sabedes de sobra cando e onde botar as nasas.

  • ESCORPIÓN |: Algúns inconvenientes que xurdiron están a porte a proba, e como se o sojro te estivese dando augardente de herbas ou a sojra un cocido deses sen anestesia, pero ti sabes que tes moitos recursos para facerlles fronte. O cambio de Lúa do día 13 transmíte no teu signo unha renovadora enerxía, vas parecer Songoku coa tua forza vital, pero non andes polas nubes, se prudente e a lúa agora favorece os temas de herdanzas, préstamos… Aclara as túas dúbidas antes de tomar ningunha decisión que se metes a zoca vas ir de carallo co terco que eres.

  • SAXITARIO |: A Lúa Nova suaviza as tensións que podes estar a sufrir, do mesmo xeito que o licor de herbas lle rebaixa a acidez o café de pota, tenta facer algo divertido coma porlle un espantallo diante da porta da tua veciña para que despidas a primavera entre risas e sen lastres nin obstáculos que te obstaculicen. Poden xurdir flechazos ou intensas aventuras que se convertan nunha relación estable e duradeira, o principio soamente vas pensar en botar o peón pero despois vaste enganchar coma un vello o programa Luar. O teu poder de sedución é espectacular e engancha vas parecer a xa non estou no filme instinto básico, se eres home pois o outro jicho…

  • CAPRICORNIO |: Noraboa! Se estás a buscar traballo ou mellor ainda un salario e estás pendente dun asunto profesional, a Lúa Nova vai a axudar o teu signo para que todo saia como desexas, vas ter mais sorte no traballo que un funcionario deses postos a dedo. Non escatimaches en esforzos e sacrificios, e agora vas recibir a recompensa recolleras o que sementaches, mais ten conta co xabarin que as veces leva a colleita.   No amor, vas tomar unha decisión importante, e non te vas a equivocar inda que sexa drástica a decisión será a boa, vas dubidar como cando dubidas se botar ese peido porque podería traer frenazo.

  • ACUARIO |: A túa poderosa intelixencia axudará e a anticipar que andas embrullada en situacións de merda e a poder cair en posibles enganos e traizóns para que te afcten o menos posible tenta non mollarte con ninguén en nada dificil estes dias, non metas o pé nin nas termas da Chavasqueira se non vas ben seguro. A Lúa Nova é moi positiva co teu signo porque favorece todo o relacionado co amor, a sorte e as relacións cos teus fillos, se e que tes fillos ou se e que son teus que vendo o salvame deluxe xa non sería raro que pasara…. Agora podes atopar unha saída a algo que te inquieta, espero que non sexa a saída do Ikea que ahí todo dios se perde pero todos volven…

  • PEIXES  |: Vas ter todo ao teu favor para conseguir o que desexas e triunfar, pero que non se te vaia a pota que as veces desexas imposibles. A Lúa Nova do día 13 pódete traer cambios positivos, sobre todo no ámbito familiar. A pesar das responsabilidades e o traballo, saberás buscar momentos de goce e relax que che farán sentirche de marabilla, proba unhas masaxes de pés pero lavaos antes que unha cousa e ser descoidado e outra porco. Pode que teñas un amigo de cumpreanos e te esquenzas del, repasa a tua lista de amizades.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor