Horoscopo Galego semanal. Do 3 o 9 de setembro de 2018

Horoscopo Galego semanal. Do 3 o 9 de setembro de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 03 de setembro ó 09 de setembro de 2018. Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… 1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove   ARIES |:  Ti precisas de ser libre, mais as veces sinteste coma

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 03 de setembro ó 09 de setembro de 2018.

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove

 

  • ARIES |:  Ti precisas de ser libre, mais as veces sinteste coma as nécoras na nasa.  Esta semana vas darlle unha volta a túa vida, comezarás a ver as cousas doutro xeito, será coma cando probaches o bocadillo de pulpo; haberá un antes e un despois.  No amor vas estar feito un detallista, lembra que un ramo de flores de xesta con toxo pode resultar moi sensual.

 

  • TAURO |: A Lúa do día 1 transmíteche unha enerxía e sensualidade, podes incluso levar un anaco de papel hixiénico enganchado na tanga e resultarlle sensual a ese becerro que te pon tan toureira. Sentirás a confianza que pode que perderas. As relacións amorosas melloran, ten conta con empreñar nesta semana. 

  • XEMELGOS |: Moitas tensións o teu redor, vas ser coma Palestina e Israel; e non falo de orquestas de verán… o Cuarto Menguante afastará o negativo. Procurará comer mais peixe e facer mais deporte ou ir arrincar no esterco que tamen queima calorias. Non tomes decisións a lixeira e pensa ben o que fas, incluso con temas de familia. 

  • CARANGUEXO |: Evita comportarte como unha criatura que xa tes idade para ir o mar. Avecíñanse cambios profesionais, ollo coa traizón, esta semana vas topar con xente mais falsa que a camiseta do Deportivo que mercaches en AliExpress. Lembra que a razón as veces non chega nun día.

  • LEÓN |: Esta semana vas ser o xenro que toda sojra rabuda quere, serás xeneroso e atento. Esta semana será de transición pero de bondade e sementeira, xa recollerás todo mais adiante. Se non tes parella voltarás a sentir a paixón esa de javiláns antes de que empecen os rapaces na escola.

  • VIRXE |: Sentiraste tan afortunado porque esta semana a sorte vai a depararte sorpresas, existe unha bareixa con furriqueira e como disca que da boa sorte vaise afurricar enriba túa.  Bo momento profesionalmente ou para atopar un traballo. Esta semana vas ser o facho que ilumine a alguén.


  • BALANZA |: Prepárate para cambios e novidades moi boas porque o Cuarto Menguante é renovador. Con Venus no teu signo vivirás o amor con paixón, pensa en positivo e nunca en nejhatifo que dicia o carallo aquel do holandés. Vas ter unha noticia familiar que te vai deixar cara de cona.

  • ESCORPIÓN |:  É o momento de bailar a Ricky Martin parcialmente e dar soamente pasiños pa diante. Confía nas túas posibilidades.  Non faltarán retos nin desafíos mais algúns cambios van vir a tua vida coma a Romba para mellorar a túa calidade de vida.

  • SAXITARIO |: Asumiches moitas responsabilidades que van co paso do tempo pasando factura. Vaite o teleclub mais cercano (podes buscalo na App de teleclús) e tomate un par de chatos de mais para desconectar. É o momento de desprenderte de cousas que non precisas, aparte de iniciar cousas que sexan para coidarte. O sexo e igual de bó que a natación pero os médicos son uns estreitos de mente.

  • CAPRICORNIO |: Cambios repentinos no fogar. Vaste sentir coma cando viches a Falete no Luar por primeira vez; un chisco confuso. Necesitas liberar cargas e presións. Debes mostrarte flexible para  suavizar tensións sentimentais, podes ser duro cama un buxo ou flexible coma unha xesta, escolle xesta.


  • ACUARIO |: A enerxía do Cuarto Menguante do día 3 vai traer a túa vida unha morea de grandes desexos de superación e plan renove. O planeta do amor esta semana fai que estes coma unha pota de caldo o lume, vas ter unha calidez e poder de sedución moi especial.

  • PEIXES  |: Fíate mais de ti mesmo e dos teus esforzos. Sementa con intelixencia e esterca ben a terra todo o traballo semanal fara que os esforzos non sexan en balde.  Vas aproveitar a semana para desfacerte de sentimentos de desacougo, coma cando te quedas sen papel hixiénico no cajarrete. Terás unha sensualidade e un erotismo irresistibles; e dicir vas estar atracativo.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor