Horóscopo Semanal Galego

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 16 de xullo ó 22 de xullo de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • ARIES |:  O Cuarto Crecente achégache unha forza coma a dos porcos no fuciño… unha enerxía extra que che virá de marabilla.. xa di o refrán.. dame forza no carallo coma o porco no fuciño! Emprega esa enerxia para emprender retos e proxectos diferentes. Veñen novas experiencias amorosas que encherán a túa vida de ilusión, asegurate de que non sexa un efecto optico. Momento para ampliar relacións e coñecer xente, gozar…

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
  • TAURO |: Estás desanimado, pero o Cuarto Crecente empúxache coma se estiveses na rapa das bestas, mais neste caso e a tomar decisións que repercutirán favorablemente na túa vida. Necesitas marcar novos obxectivos e relacionarte con xente diferente como a presidenta de Croacia que faga renacer o teu optimismo e confianza na humanidade.  O teu corpo necesita que o coides e consíntas toma un xeado e unha boa masaxe.

  • XEMELGOS |: Pode haber tensións na contorna familiar, vaste lembrar da tanga da tua veciña brasileira. Esa inquedanza vaite facer sentir perdido e darlle moitas voltas a todo coma se estiveses xogando a botar o peón. O Cuarto Crecente vén na túa axuda para que superes os retos e desafíos. Podes namorarte de alguén que xa coñeces, e agora miraralo con outros ollos… bueno cos teus ollos pero doutro xeito

  • CARANGUEXO |: Estás a recibir a enerxía do Sol, e vanche cobrar por ela os de hacienda… Emocionaras os demais e a ti mesmo con todo o que emprendas. Neste ciclo terás grandes desexos de vivir e gozar.  Contemplarás a vida con ilusión, e todo será máis positivo. É coma se o universo te devolvése agora de súpeto todo o amor que proxectas… terás amplas satisfaccións familiares, come mais kiwis e cagha unha chisca mais porque vas estar que non caghas.

  • LEÓN |: Esta semana terás unha sorte caralluda my friend! Con esa enerxía e entusiasmo que tes, é o momento de coller o temón da túa vida para chegar a bo porto, pero se vas a Sanxenxo non dighas Sanjenjo… O planeta Mercurio transita polo teu signo, e terás brillantes ideas e entenderaste de marabilla coa xente da contorna e cos que non pois eche o que hai… No amor, coma nos zapatos non aceptes presións e non permitirás que che arrebaten a túa liberdade.

  • VIRXE |: Esta semana poderías perder algo de valor ou algunha oportnidade importante… As relacións con persoas procedentes do estranxeiro póden traer oportunidades tanto de amor coma de progreso económico, pero hai traizóns asexándote coma un crocodrilo na beira do rio, ou un veciño movendote os marcos mentres vas co Imserso o balneario.  Venus, o planeta do amor, segue no teu signo e ti sentiraste atractivo e disposto a namorarte, todo isto se non o estás xa, e se xa o estas pois ten conta co que fas que os caimáns tamen asexan…

  • BALANZA |: Semana máxica e sen trucos, podes conseguir espléndidos resultados. O Cuarto Crecente no teu signo fai que sintas vital e feliz, vas ter un momento máxico en xeral nesta semana xunto cos teus seres queridos. Vas estar imparable no tema de novas conquistas vas ser o pizarro das frechas de cúpido e moi eficaz á hora de revitalizar a túa relación, se é estable.  Espertarás moita expectación alí onde vaias, xa sexan festas, rios ou praias, nesta semana estas que abraias…

  • ESCORPIÓN |: Vas mexar colonia de chanel esta semana… Chegou o momento de liberarte de preocupacións e de empezar a pensar en ti. Menos traballar e mais samba… merca na feira unhas brajas de esparto e vive sensacións novas… pensa soamente no que te fai feliz. Poderás situarte no lugar que che corresponde e desexas. No amor, saberás o que sintes e no cajarrete (wc) tamen… O día 20 a Lúa pódeche conceder un desexo aproveita e pon unhas follas de laurel debaixo da almofada na noite do 19.

  • SAXITARIO |: Se vas a un baño publico, ten conta… Algo que pode estar a preocuparte, co Cuarto Crecente solucionarase para que o desánimo non poida contigo. Ninguén conseguirá apartarte dos teus plans, ten conta con a amija esa de facebook que anda asexando todo. No amor, agárdante encontros inesperados e aventuras curtas e intensas, pero poida que esteas máis frío do que ti adoitas.

  • CAPRICORNIO |: O Cuarto Crecente da Lúa abrirache un horizonte coma unha fouciña esclarexa o chan cheo de herba. Tes un futuro cheo de marabillosas posibilidades que te farán feliz.  Se non estás namorado, poderías coñecer a alguén que te atraia e interése, unha tapa para a tua tarteira de barro… Un acontecemento inesperado vaite ilusionar. 

  • ACUARIO |: Acouga un pouco e pensa en desfrutar coa tua familia. É posible que teñas que enfrontarte a inconvenientes inesperados, pero pensa… unha roda pinchada, sempre e mellor ca outro tipo de goma pinchada… pero coa enerxía que estás a recibir do planeta Marte vas poder facerlles fronte. Tes tantas responsabilidades que atender que non vas ter tempo para ti mesmo. Tenta buscar momentos de lecer e relaxo, merca unha carretilla e reparte amor polas cunetas coma se foses a caravana do amor a jalleja.

  • PEIXES  |: O Cuarto Crecente anímate a ser máis activo e menos pasivo… eres moi meticuloso e responsable cos teus proxectos, agora mais que nunca debes seguir a selo co fin de alcanzar todos os teus obxectivos.  Sentirás que o destino está nas túas mans e que podes chegar a ser o que sempre quixeches. No amor, sensacións intensas e marabillosas, no sexo tamen, pero ten conta se rozas unha leira que hai moita velutina.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL