Horóscopo semanal galego do 17 de setembro o 23 de 2018

Horóscopo semanal galego do 17 de setembro o 23 de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 17 de setembro ó 23 de setembro de 2018. Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… 1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove   ARIES |:  Vas comezar a semana vital e positivo. Sentirás cómo cando

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 17 de setembro ó 23 de setembro de 2018.

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

1º horóscopo en Galego, feito 100% no Jrove

 

  • ARIES |:  Vas comezar a semana vital e positivo. Sentirás cómo cando botas un peido despois de una fabada e 4 horas de coche, pero sentiraste así de liberado abrindo o teu corazón con xente próxima. Se o pasaches mal no eido amoroso podes porte a chorar ou pasar páxina dunha vez.

 

  • TAURO |: Estarás agobiado e confuso, pero o Cuarto Crecente dache a forza para resolver as tensións e liberarte de angustias e preocupacións. Chega o momento de comezar esa nova vida que desexas, se estas esperando un sinal esta e a sinal! Espabilda dunha vez e deixa de ser tan teimudo

  • XEMELGOS |: Tes por diante días nos que a furriqueira da bareixa da sorte e toda túa. O Cuarto Crecente enfronte do teu signo faite estar creativo e solucionará problemas pasados, pensa en mercar un disco de Xil Ríos e desfruta das voltas que dan moita vida. No amor vas entregarte por completo

  • CARANGUEXO |: Esta semana a nivel profesional vas ter recoñecemento, e mesmo un ascenso ou un novo traballo. Venus, faranche vivir experiencias excitantes. Podes perderte nunha montaña coa tua parella e sair con un bombo, leva protección ou non… ti mesmo!

  • LEÓN |:Estes días debes deixar de facerte a vitima, a enerxía do Cuarto Crecente vaite a dar a forza para cambiar a túa vida. Debes facer mais vida social e comezar a botar nasas na tua contorna se e que buscas parella, se xa a tes e esta semana o tema no vai polo rejo cambia de perfume ou de parella porque algo fede mal.

  • VIRXE |: A enerxía astral anuncia para virgo unha semana marabillosa.  No eido profesional todo se vai a solucionar, vai ser como estar a discutir os marcos e que veña a parcelaria, man de Santo!. Vas encadear unha sucesión de momentos pracenteiros e de éxito, merecelo!

  • BALANZA |: Activo e emprendedor, semana de afouteza para conseguir o que desexas e con claridade mental para superar calquera reto. Sentiraste inda mais seguro e capaz. Estate atento a novas persoas que revolucionen a túa vida e te axuden a sentirte ben.  Vas coller o éxito pola colloada e triunfarás en estudos e traballos intelectuais.

  • ESCORPIÓN |: Pode que  te sintas con cajaneira e confuso. Pensa en ter papel do cú abondo e cando te des conta todo estará xa solucionado my friend!. Venus soluciona todo o que teña que ver cos temas sentimentais. Queda pouco para una grande sorpresa

  • SAXITARIO |: Novas aventuras, esta semana comezará algo grande para a tua liberdade e futuro. Estás aberto os demais e vas sentirte cómodo coa tua contorna e familia. Semana fantástica para o teu signo xa que ata Donald Trump te vai parecer boa persoa.

  • CAPRICORNIO |: Estes días terás moitos líos por algún tema de traballo, pensa que sería pior ser apicultor e ver como a velutina aparte de foderte se convirte en carnívora e come golfiños… Pero podes estar tranquilo que xa os gobernos van tomar medidas… sobre o teu traballo todo vai mellorar… Deixate levar polo teu corazón, alguen do pasado podería voltar para namorarte.

  • ACUARIO |: Marte transmíteche enerxía e seguridad, pero faite impulsivo.   Chegan gastos, pero tamén podes ter algún ingreso extra. Esta semana conta ata 10 antes de zouparlle a alguén. A sorpresa de una boa puñada despois de contar ata dez cos dedos non terá prezo. Se renuncias a violencia e mellor un bo insulto por exemplo: ollomol do carallo!

  • PEIXES  |: Precisas de acción pero tamen de pensar ben antes de actuar, semana onde te podes meter en alguna liorta legal… Esta semana vai ser especial coa tua contorna, vai comer a casa da sojra e fai por levarte ben con ela. Se e imposible pois cando menos non vai ser a pior semana…

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor