II Congreso Red Localis. Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima

Detalles contido

Lugar Ourense Organizador Red Localis Datas

DíaHora inicioHora fin
21/06/20188:459:30
21/06/20189:0016:00
22/06/20188:459:30
22/06/20189:0016:00

Evento

Os próximos días 21 e 22 de xuño de 2018 celébrase o II Congreso da Rede Localis, organizado por Red Localis e o grupo de investigación GEN , único Congreso sobre o ámbito local, no que se darán cita expertos relatores do mundo académico e profesional, no que participarán representantes políticos e de medios de comunicación, relacionados co sector público local.

 

O tema central elixido para esta edición é “Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima”, o Congreso consta de cinco paneis, que se completan con varias sesións paralelas onde se presentarán as comunicacións recibidas e aceptadas, e tamén haberá espazo para o networking, o intercambio de experiencias e a posta en común de problemas e solucións comúns ao ámbito local.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Durante dous días falarase de contratación, planta local, control financeiro, reforma do financiamento e a reutilización de datos ao servizo do interese público, para participar tan só é necesario inscribirse na seguinte ligazón:

Formulario inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScHV08ZNuvublUXEblvQ-1QXwYjl0kBOtjR1b2CICRtWEuPgQ/viewform

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para calquera aclaración, tanto no referido a cuestións organizativas como académicas, o contacto é infogen@uvigo.es.