Informe sobre a prestación do servizo de normalización linguística pola administración local

Informe sobre a prestación do servizo de normalización linguística pola administración local

Informe sobre a prestación do servizo de normalización linguística pola administración local Presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta

Informe sobre a prestación do servizo de normalización linguística pola administración local

Presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”

06/06/2018|Dirección Xeral de Administración Local | eidolocal.gal
O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presentaron o novo informe da Xunta de Galicia sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia, un novo texto que ten por obxectivo aclarar calquera dúbida sobre duplicidade de competencias e forma na que pode incidir a lexislación vixente en materia lingüística.

A titular de Administración Local sinalou que o informe emitido polo seu departamento lle dá resposta “á necesidade de manter un criterio único canto ao exercicio das competencias en materia de normalización lingüística polas entidades locais e conclúe, logo de analizar polo miúdo a lexislación aplicable nesta materia, que as entidades locais de Galicia comparten coa Xunta de Galicia o mandato legal de promover a normalización da lingua galega”, así como que “as dúas administracións lle dan cumprimento á devandita obriga”. “A administración local é a organización administrativa máis próxima á cidadanía e, por tanto, unha vía prioritaria para impulsar a promoción social do idioma, polo que calquera actuación en materia de normalización lingüística desde as propias entidades locais non require do informe previo da Administración autonómica por se considerar que istose fai en exercicio das propias competencias da Administración local”, recalcou.

Galego, lingua propia da Administración local
Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística recordou que, “de acordo coa lexislación aplicable en materia lingüística, nomeadamente a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, se dispón, respectivamente, que o galego, como lingua propia de Galicia é a lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma (artigo 4º), que a Xunta ditará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego (artigo 6º) e que o galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local (Artigo 7º).

Os dous representantes do Goberno galego estiveron acompañados pola presidenta da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua, Anxos Sobriño, entidade que lle solicitou á Administración autonómica a emisión do informe.

O traballo conxunto desde 2010

Para alén disto, o informe recorda que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia traballa desde a súa creación -no ano 2010 e con anterioridade á entrada en vigor da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local-, a prol da colaboración e das accións conxuntas entre as administracións autonómica e local, en resposta á necesidade manifestada polos propios axentes implicados no proceso de normalización lingüística de establecer unha dinámica de traballo conxunto coa que sumar esforzos, aproveitar sinerxías e evitar duplicidades. Con independencia disto, o texto informa que a prestación do servizo de normalización lingüística polas entidades locais galegas non require da emisión de ningún informe de duplicidade nin sustentabilidade financeira, tal como esixe o artigo 3 da citada Lei 5/2014 para o caso de exercicio de novas competencias distintas das propias.

O informe emitido pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Administración Local e a instancia da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foille remitido xa á Comisión Galega de Cooperación Local, que se reuniu o pasado 7 de maio co propósito de pór en coñecemento das entidades locais este criterio unánime acordado pola Xunta de Galicia. O texto completo pódese ler no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) e na biblioteca de eido local

Contacto para calquera dúbida relacionada co informe é:

Subdirección xeral de Réxime Xurídico Local
Dirección Xeral de Administración Local
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Teléfono: 981 546579, email: administracionlocal@xunta.gal​

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor