Investigadores españois achan novas dianas terapéuticas contra o rotavirus

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O descubrimento dos investgadores podería conducir a mellores tratamentos fronte á infección por rotavirus.

Investigadores da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e o Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) lograron medir as propiedades mecánicas das múltiples capas proteicas que protexen ao rotavirus. Os resultados, publicados este martes en eLife, poderían abrir novas vías para o desenvolvemento de tratamentos fronte á infección por este tipo de virus, responsable de gran parte das enfermidades diarreicas na infancia desde o seu nacemento até os 5 anos. Este estudo é o primeiro que detalla a interacción entre a función e as propiedades mecánicas dun virus de “múltiples capas”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta