Jorge Otero o capitán da selección Galega

Jorge Otero

Lugar e ano de nacemento: Nigrán (Pontevedra), 1969.
Posición: Lateral esquerdo.
Partidos disputados: 530.
Cargo actual: adestrador do Rápido de Bouzas.
Outro galego que destacou no fútbol nacional foi Jorge Otero. Mantívose en activo desde 1987 até o 2005, sendo un lateral esquerdo con grandes dotes defensivos e solvencia en ataque. Debutou no Celta de Vigo, onde disputou 250 partidos.

Publicidade Xornal Galego:

En 1994 fichou pola Valencia, onde estivo tres tempadas. Despois xogaría outro centenar de encontros no Betis. Conseguiría o ascenso co Atlético de Madrid no 2002. Otero finalizou a súa carreira no Elxe e sería o capitán do regreso da Selección Galega.

Foi o primeiro mundialista español que achegou o Celta de Vigo. O seu sucesor no Celta foi Míchel Salgado.

Javier Clemente o fixo debutar como internacional e o levou a Estados Unidos, aínda que foi suplente de Ferrer (ou de Sergi).

En 1994 desembarcou no Valencia, nunha fichaxe non exenta de polémica, porque se dicía que tiña un precontrato co Deportivo da Coruña, o outro gran equipo galego. O diñeiro dos ché valeu máis e desde aquela ocasión, Otero foi fortemente apupado cada vez que pisaba Riazor.

Na súa primeira tempada en Valencia non tivo bastante sorte, pero na seguinte, Luís Aragonés sacou o seu mellor partido. Tan ben conectou con Luís que o de Hortaleza levoullo en 1997 ao Betis e en 2001, ao Atlético de Madrid, onde xogou un ano en Segunda (o do ascenso) e o seguinte, xa en primeira.

Clemente volveu confiar nel para xogar a Eurocopa de 1996, en Inglaterra.

En 19 anos meteu seis goles