Luis Suárez balón de ouro só hai un!

Galicia sempre achegou bos xogadores ao mundo do fútbol. Desde as orixes deste deporte, hai galegos que destacaron e chegaron lonxe. Non hai que esquecerse que o único Balón de Ouro español naceu en Monte Alto.

Nesta sección semanalmente recompilamos os mellores futbolistas e deportistas galegos da historia. Trátase dunha lista moi heteroxénea, con xogadores que militaron no Celta, o Dépor ou o Racing de Ferrol. Mesmo hai quen nunca vestiu as cores de ningún equipo profesional galego, como Vero Boquete…

Publicidade Xornal Galego:

 

Luis Suárez:

Lugar e ano de nacemento: A Coruña, 1935.
Posición: Interior esquerdo, mediocentro.
Goles en clubes: 113.
Títulos: 14 en clubs e un Balón de Ouro.
Nacido en Montealto, é probablemente o mellor xogador galego e un dos máis importantes a nivel nacional en toda a historia. É o único español que gañou o Balón de Ouro. Luís Suárez debutou no Deportivo en 1952, pero pronto chamou a atención dos grandes equipos nacionais. Ficharía polo Barcelona, onde estaría durante 7 tempadas, gañando seis títulos: dúas ligas, dúas copas e dúas copas de feiras. Foi no equipo culé onde gañou o Balón de Ouro, en 1960.

En 1961 foi traspasado ao Inter de Milán por uns 204.000 euros, sendo a fichaxe máis cara da historia no seu momento. No equipo italiano estaría 10 anos, conseguindo 3 escudetos, 2 Copas de Europa e dous Intercontinentais. Coa Selección mollo un total de 32 partidos e anotou 13 goles. Estivo na Eurocopa do 64, que terminaría gañando España.