Mel B a ex Spice Girl acusada de ser mala nai polo seu ex

Mel B a ex Spice Girl acusada de ser mala nai polo seu ex

Mel B, compoñente das Spice Girls, a soada banda feminina dos anos noventa, sumida nun complicado proceso de divorcio, ingresou en rehabilitación pola súa adicción ao alcol e drogas. Melanie Brown, de 43 anos, tentou suicidarse en dúas ocasións: cando era unha adolescente de apenas 14 anos e tamén en 2014, cando inxeriu máis de

Mel B, compoñente das Spice Girls, a soada banda feminina dos anos noventa, sumida nun complicado proceso de divorcio, ingresou en rehabilitación pola súa adicción ao alcol e drogas.

Melanie Brown, de 43 anos, tentou suicidarse en dúas ocasións: cando era unha adolescente de apenas 14 anos e tamén en 2014, cando inxeriu máis de 200 pastillas (mirándose no espello do baño mentres o facía) e tivo que someterse a un lavado de estómago de urxencia.

Brown e o seu entón marido, o produtor Stephen Belafonte estáballe sendo infiel, algo do que a cantante lle acusou en máis dunha ocasión. Ese intento de suicidio foi o que impediu a Mel B asistir á final de Factor X na súa edición estadounidense, da que é xurado, segundo a revista francesa Closer.

Segundo publicaron algúns medios, Belafonte acusou a Mel B de non coidar das súas fillas por mor da súa adicción ao alcol.

Por outra banda, a antiga coidadora das nenas da familia asegurou que a cantante é “a peor nai do mundo” e que convidaba a diferentes homes a casa a miúdo e cando estaban as súas fillas presentes.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor