Menos dun mes para o congreso #SEFACvirtual2020

Menos dun mes para o congreso #SEFACvirtual2020. Non te quedes fose do evento científico do ano en farmacia comunitaria!

O IX Congreso Nacional de Farmacéuticos Comunitarios, que se celebrará de forma virtual do 19 ao 22 de outubro, xa ten pechado tanto o seu programa científico como o nome dos relatores que participarán nas 70 sesións do mesmo. O congreso celebrarase nunha plataforma sinxela e intuitiva que se aloxará en congreso-sefac.org, e que permitirá aos inscritos non perderse ningún contido, xa que disporán da opción de ver todas as sesións até o 26 de outubro, interactuar con relatores e outros congresistas e visitar espazos dixitais habilitados para a exposición comercial e defensa de pósteres.