Miden o descenso de sardiña analizando as algas

Miden o descenso de sardiña analizando as algas

As mostras de algas mariñas colleitadas hai décadas axudan a resolver as causas da súa diminución.   Os anos trinta e corenta do século pasado foron unha época próspera para a pesca da sardiña en California, en 1945 toda esa abundancia esgotouse. En poucas tempadas as capturas pasaron dunha media de 234.000 toneladas anuais a

As mostras de algas mariñas colleitadas hai décadas axudan a resolver as causas da súa diminución.

 

Os anos trinta e corenta do século pasado foron unha época próspera para a pesca da sardiña en California, en 1945 toda esa abundancia esgotouse. En poucas tempadas as capturas pasaron dunha media de 234.000 toneladas anuais a só 24.000, os investigadores acharon ao fin un presunto culpable: os ciclos de afloramento, un trazo característico do ambiente mariño da costa do Pacífico de EE.UU, nos que a auga profunda e rica en nutrintes emerxe á superficie e fertiliza as empobrecidas augas superficiais.

O fenómeno  comezouse a estudar na baía de Monterrey a partir de 1946. O investigador pensou que as mostras históricas de algas podían encher as lagoas dos anos precedentes, os científicos baseáronse no feito de que as augas profundas próximas a Monterrey conteñen normalmente varios isótopos do nitróxeno.

Coa análise dos datos actuais de afloramentos e de algas colleitadas hai pouco, acharon que as concentracións altas dese isótopo nas células vexetais coincidían cos períodos de maior afloramiento de nutrintes.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor