Miguel Bosé “Amancio Ortega ten unha mirada escura”

Miguel Bosé ven de convocar unha manifestación en Arteixo contra as máscaras de de Zara

Informa: Jose Sacristán de Coimbra | Xornal Galego sección chouchadas

O cantante Miguel Bosé ven de convocar unha manifestación na localidade galega de Arteixo contra Amancio Ortega. “Amancio Ortega non me gusta nadiña de nada… ten unha mirada escura, a min gustame a xente sixela e con mirada clara e transparente” afirmou o cantante de éxitos coma <<seré tu amante bandido>>, <<nadie como tu me saber hacer cafe de pota>>…

Publicidade Xornal Galego:

Ante a inquedanza de algúns dos organismos convocantes de que Migue Bose finalmente non asista. O representante do colectivo “Zara non existe, son os pais” afirmou a fontes deste xornal (a fonte do camiño a feira, a fonte dos píos, a fonte da capela…) que Miguel Bosé confirmou que vai vir como sexa “el avisoume que tiña unha chea de roupa pá btar a lavar e despois pasarlle o ferro, mais tentará estar si ou si” afirmou Honorato Verga o presidente do devandito colectivo.

 

Seguiremos Embrullando!