Morreu Ernesto Chao “Miro Pereira” os 74 anos

Morreu Ernesto Chao “Miro Pereira” os 74 anos

Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969. Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87). Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira

Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969.

Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaboando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva.

Mantivo a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor