Nacho Vidal “Visitarei Galiza na busca de sapoconchos”

Nacho Vidal anunciou na sua conta de Twitter que visitará Galicia na busca de sapoconchos, “vou facer un ritual que vai ser a ostia, malo será que morra alguén”

Informa: Lucia LaRocha | Xornalista e delegada sindical de Xornal Galego na sección chouchadas

O famoso Nacho Vidal escolleu Galicia, ou como a el lle gusta dicir “Galiza” para facer un ritual na serra de Outes “imos ir polo monte polo medio do toxo a grabar unhas escenas “desas de lambecricas” e aproveitando ese marco incomparable facer un ritual a procura de sapoconchos” ante preguntas desta xornalista Nacho Vidal apuntou “a primeira vez que escoitei a palabra sapococho entendín que tiña que vir a Galiza e lambelos a todos xunta cuns amigos e amigas… xa sei que parece unha porcallada e pouco hixiénico, mais, malo será que pase algo”

Publicidade Xornal Galego:

 

Seguiremos embrullando!