Nobel de Medicina a inmunoterapia contra o cancro

Nobel de Medicina á inmunoterapia contra o cancro

O estadounidense James P. Allison e o xaponés Tasuku Honjo foron galardoados co Premio Nobel de Medicina 2018 polo seu traballo que revolucionou o tratamento do cancro.

O estadounidense James P. Allison e o xaponés Tasuku Honjo foron galardoados co Premio Nobel de Medicina 2018 polo seu traballo que revolucionou o tratamento do cancro.

Publicidade Xornal Galego:

O estadounidense James P. Allison e o xaponés Tasuku Honjo gañaron o Nobel de Medicina polos seus estudos de terapias contra o cancro, informou este luns o Instituto Karolinska de Estocolmo.

 

Ambos os investigadores foron premiados polos seus avances en inmunoterapia, que se serve da habilidade do sistema inmune para atacar as células cancerosas, informou o Instituto Karolinska en Estocolmo.

 

Allison estudou unha proteína que “funciona como un freo no sistema inmune”, sinalou o comité Nobel. O descubrimento de Honjo dunha proteína en células inmunes levou a tratamentos “impresionantemente efectivos” na loita contra o cancro.

 

O inmunólogo molecular e químico xaponés Tasuku Honjo expresou o seu desexo de que o premio poida animar a máis investigadores a ampliar os estudos e manter a loita contra o cancro.

 

“Espero que este tratamento siga salvando máis vidas”, afirmou o investigador, de 76 anos, nunha rolda de prensa que ofreceu na Universidade de Kioto (centro), onde continúa exercendo como profesor invitado, unha hora despois de coñecer que recibira o Nobel, que comparte co estadounidense James P. Allison.

O ano pasado foron premiados os estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young polos seus descubrimentos dos mecanismos moleculares que regulan o ritmo circadiano, é dicir, o reloxo biolóxico.

 

Cada Premio Nobel está dotado con nove millóns de coroas suecas ($1 millón) e a cerimonia de entrega ten lugar o 10 de decembro, coincidindo co aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

 

Mañá martes anúnciase o Nobel de Física e o mércores o de Química. O venres darase a coñecer elde a Paz e o luns 8 o de Economía.

 

Este ano non se entregará o Nobel de Literatura, pois a Academia Sueca das Letras atópase inmersa nun escándalo de abusos sexuais e corrupción que fixo que se cancelase a súa concesión en 2018.