Nota de prensa da asemblea da Asociación Galega de Pais e Nais Separados

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
Asociación Galega de Pais e Nais Separados
Este sábado pasado tivemos asemblea en Compostela. Aquí vai o resumo do tratado e do traballo que se decidiu levar a cabo.
Lembrar que foi a segunda reunión para tratar o tema da lei que presentamos no Parlamento Galego e que logo foi abandoada polos grupos políticos logo da estafa de reunión da Comisión do Dereito Civil Galego que sinalou que “Galicia non ten competencias”. País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña si que as teñen, por iso contan con leis propias.
Lembrar tamén que xa está aberto o prazo para anotarse nas xornadas da EScola Galega de Administracións Públicas e da Asociación Galega de Pais e Nais Separados sobre a Corresponsabilidade onde, entre varios temas, se tratará a obriga que teñen xuíces e xuízas de aplicar a xurisprudencia do Tribunal Supremo nas súas sentenzas.
Información e inscrición en :
https://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/PU18015 . Para matricularse hai que acceder á páxina: https://egap.xunta.gal/matricula/index.php
A raíz destas xornadas ímos tentar poñernos en contacto  con todos os xuíces e xuízas galegos que traten temas de familia polo que é necesario facer GRUPOS DE TRABALLO. No resumo da asemblea hai máis información.
Vendo os datos das custodias compartidas obtidas no estado e en Galiza , lonxe de desanimarnos pola ineptitude política dos nosos gobernantes, temos que felicitarnos porque o traballo que se leva facendo aquí e no estado está dando os seus froitos. Outro resultado tería sido a proposta de lei no Parlamento se todos e todas participaramos masivamente.
Unha aperta e moito ánimo … e tamén traballo.
Lois Toirán, presidente da AGPNS

Deixa unha resposta