O auxe da produción das fábricas de pellets, Galicia ocupa o 4º posto

Hoxe en día, España conta con 35 plantas con produción certificada ENplus repartidas por toda a xeografía, só una delas é nova deste 2018.

Fonte: Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (AVEBIOM)

Castela e León e Andalucía sitúanse á cabeza con 11 plantas de fabricación de pellets cada unha. Segundo os datos de AVEBIOM, a primeira comunidade autónoma podería producir ao redor de 370.000 toneladas de pellet ao ano e a segunda, preto de 270.000 toneladas anuais.

Séguenlles Castela-A Mancha con 10 plantas e Galicia con 8 plantas. En ambas as rexións, os potenciais de fabricación das súas plantas de pellets situaríanse entre as 175.000-200.000 toneladas ao ano.

A continuación, atópase Cataluña con 6 plantas, cuxas fábricas de tamaño mediano achegan ao mercado dos biocombustibles sólidos até 140.000 toneladas anuais de pellets.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Despois, situaríanse Estremadura, Aragón e Comunidade Valenciana con 5 plantas cada unha. A primeira destas rexións produce ao redor de 270.000 toneladas de pellet ao ano grazas aos proxectos das localidades de Moraleja, en Cáceres, e Herrera del Duque, en Badaxoz. No caso de Aragón, a produción roldaría as 160.000 toneladas anuais, das cales 120.000 procederían da planta que se está construíndo no municipio zaragozano de Erla.

O resto das comunidades autónomas albergan menos de 5 plantas cada rexión e, por tanto, a produción de pellets non é tan significativa.
Situación das plantas de acha e óso

Segundo o estudo de AVEBIOM, as case 60 plantas de produción de acha distribuídas polo noso país rexistran producións inferiores a 30.000 toneladas ao ano (a metade teñen capacidade para xerar até 10.000 toneladas ao ano) En España tan só 5 instalacións producen máis de 30.000 e unicamente 3, situadas en Asturias, Xirona e Valencia, son capaces de superar as 60.000 toneladas anuais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

En canto aos produtores de óso de oliva, o número de plantas mantense un ano máis en 25 instalacións e a súa produción de biocombustible sólido segue sendo inferior ás 10.000 toneladas ao ano, aínda que esta cifra varía coa campaña anual da recollida de oliva.