O Celta comeza este sábado a liga fronte o Eibar

Previa do: Eibar – Celta sábado 12 as 16:00

SD Eibar e RC Celta saben sen dúbida da importancia de comezar a Liga sumando

1ª xornada LaLiga Santander | Sábado 12 de setembro de 2020 | Campo: Municipal de Ipurua | Hora: 16:00 | Arbitro: Valentín Pizarro Gómez (Comité territorial Madrileño)|

Publicidade Xornal Galego:

Os armeiros e os celtiñas tentarán dar un plus de intensidade para comezar con bo pé o novo curso

A SD Eibar e o RC Celta de Vigo terán a honra de iniciar a tempada 2020-2021 a partir das 16:00 horas de novo os dous equipos sairan a por o primeiros tres puntos en xogo.

Tanto Mendilibar como Óscar García terán que afrontar con baixas significativas. Un choque sen favorito onde os locais volverán botar de menos á súa afeción.

Os de Ipurua tras unha pretempada con luces e sombras, son conscientes de que amparados polo visto no terreo de xogo aínda quedan moitos detalles por puír. Mendi necesita tres ou cuato futbolistas máis para completar un persoal que a dia de hoxe antóllase curta para as esixencias que vai marcar a competición.

No apartado de incorporacións de momento tan só Damián Kadzior e José Recio figuran como novidades. Tendo en conta que contará coas baixas de homes crave como Cote ou Arbilla aos que seguramente se lles unirá Kadzior que arrastra molestias.

O bando celeste tampouco están para tirar foguetes. Nos partidos de preparación que disputaron fronte aos segundas Oviedo, Lugo e Sporting só foron capaces de lograr unha vitoria deixando sensacións contraditorias para un equipo que parece que aínda non se repuxo do sufrimento padecido a pasada campaña.

Vadillo, Renato Tapia e Miguel Baeza non son argumentos suficientes para contrarrestar as saídas de peso que sufriron os galegos. A boa noticia é que finalmente poderán contar con Olaza na zaga tras retíralle a sanción que arrastraba do curso pasado. Sergio Álvarez e Rubén Blanco continúan lesionados polo que o terceiro porteiro Iván Villar terá que porse baixo paus.

Tras o visto no período de preparación, ao míster preocúpalle o rendemento defensivo do equipo e por outra banda ve a necesidade de fichar un acompañante no ataque a Iago Aspas e un porteiro.

 

Posible once da SD Eibar: Marko Dmitrovic, Soares, Rober Correa, Bigas, Oliveira, Diop, Expósito, Pedro León, Inui, Kike e Sergi Enrich
Posible XI do RC Celta: Iván Villar, Olaza, Araujo, Aidoo, Hugo Mallo, Brais, Tapia (a espera de transferir a O Toro), Fran Beltran, Nolito, Aspas e Emre Mor. (podería entrar Baeza no 11)
Árbitro: Valentín Pizarro Gomez. Comité territorial Madrileño. VAR César Soto Grao. Comité territorial Rioxano.
Incidencias: Sábado 12 de setembro de 2020. Partido correspondente á primeira xornada en LaLiga Santander. Estadio: Municipal de Ipurúa ás 16:00 horas.