O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia conta con tres novos membros

O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia conta con tres novos membros

​O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde conta desde hoxe con tres novos membros. O Diario Oficial de Galicia recolle na súa edición de hoxe a orde pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia.

En base a esta orde, pasan a formar parte do Consello Asesor do Sistema de Saúde de Galicia Emilio Casariego Vales, Juan Jesús Gestal Otero e Joaquín Potel Lesquereux. Estes tres novos membros ocuparán a vogalía deste órgano en substitución de Javier Martínez Pérez-Mendaña, Carlos González Guitián e José Machuca Santa Cruz.

Emilio Casariego Vales é actualmente xefe de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Juan Jesús Gestal Otero ocupou o cargo de decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago, foi catedrático de Medicina Preventiva e de Saúde Pública, xefe de servizo de Medicina Preventiva e de Saúde Pública do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e director xeral de Saúde Pública da Xunta, entre outros. Pola súa banda, Joaquín Potel Lesquereux, foi catedrático emérito de Cirurxía, xefe de servizo de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo do CHUS e da Facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde, presidido por José María Martinón Sánchez, está formado por persoas de recoñecido prestixio, recoñecemento social e traxectoria profesional acreditada.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O Consello ten entre as súas funcións a de prestar asesoramento á Consellería de Sanidade en cuestión de carácter técnico, científico, profesional, ético e social, así como emitir informes e realizar estudos sobre asuntos que o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña someta a súa consideración.

Deixa unha resposta