O edificio de Benito Corbal en Pontevedra albergará o Campus Crea

A Xunta presenta ao reitor da Universidade de Vigo o proxecto de rehabilitación do edificio de Benito Corbal que albergará o Campus Crea

Alfonso Rueda e Román Rodríguez, presentáronlle hoxe ao novo reitor, Manuel Reigosa, o proxecto de reforma do edificio,no que a Universidade ten a disposición catro plantas no centro da cidade de Pontevedra

O edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble cunha cualificación enerxética A, tanto con respecto ao consumo de enerxía primaria non renovable como en emisións de CO2

Pontevedra, 26 de xuño de 2018

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentáronlle hoxe ao novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o proxecto de reforma do edificio de Benito Corbal, no que a Universidade ten a disposición catro plantas, e que se prevé que estea rematada no primeiro trimestre do 2019.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Na presentación a que tamén asisitiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o novo equipo reitor da Universidade de Vigo coñeceu de primeira man o proxecto de rehabilitación da obra da antiga sede da Xunta en Pontevedra, que xa está en marcha, e no que a Universidade dispón de catro plantas que contan cun total de 1.200 metros cadrados para desenvolver o Campus Crea.

Ademais das catro plantas do Campus Crea da Universidade, os edificio conta con espazo onde se albergarán locais para colectivos e asociacións, as oficinas de emprego da cidade de Pontevedra, o que permitirá un importante aforro en alugueiros de locais. Co obxectivo é contar no centro da cidade cun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble cunha cualificación enerxética A, tanto con respecto ao consumo de enerxía primaria non renovable como en emisións de CO2, xa que a rehabilitación ten como obxectivo poder dispoñer dun edificio enerxeticamente eficiente polo que se aplicarán métodos e tecnoloxías enerxéticas como caldeiras de biomasa para a calefacción, bombas de calor de tecnoloxía VRV para calefacción e refrixeración, instalación solar fotovoltaica para xeración de electricidade, así como elevados niveis de illamento térmico e sistemas de iluminación eficientes.

Deixa unha resposta