O Goberno aprobará a creación do Consello do Traballo Autónomo “antes dun mes”, según Traballo.

A secretaria do Estado de Emprego, María Luz Rodríguez, comprometeuse ante os representantes da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA), a Oganización de Profesionais Autónomos (OPA), e a Federación Española de Autónomos (CEAT-CEOE) a enviar nun mes o decreto do Consello do Traballo Autónomo para que sexa realidade en Xulio do 2011, na reunión realizada no Ministerio de Traballo e Inmigración, pechando o círculo iniciado coa Ley do Estatuto de Traballadores de Autónomos (LETA).

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Este decreto remitirase ao Consello de Ministros nun mes, co fin de aumentar a visibilidade dos colectivos, polo que recollerá como criterios de represantatividade a acreditación de sedes permanentes en polo menos doce comunidades autónomas e ademais en vintecatro provincias.
Tanto Sebastián Reyna Secretario Xeral de UPTA, como Lorenzo Amor Presidente de ATA congratuláronse do compromiso de Traballo, aínda que non aforraron críticas ao Executivo, ao que entregaron propostas para saír da crise.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta