O Goberno inicia a reforma do sistema de bolsas e axudas ao estudo

O Goberno inicia a reforma do sistema de bolsas e axudas ao estudo

Cambios nas bolsas Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades A ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, e o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, asinaron esta mañá unha declaración para iniciar os estudos orientados á reforma do sistema de bolsas e axudas ao estudo. O primeiro paso será a reactivación do

Cambios nas bolsas Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

A ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, e o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, asinaron esta mañá unha declaración para iniciar os estudos orientados á reforma do sistema de bolsas e axudas ao estudo.

O primeiro paso será a reactivación do Observatorio de Bolsas, Axudas ao Estudo e Rendemento Académico, que se reunirá ao longo do mes de outubro, co fin de analizar o funcionamento do sistema e contribuír á mellora da súa eficiencia. Este organismo non se reunía desde 2011.

O pasado mes de xullo, o Goberno anunciou a súa vontade de reformar o sistema de bolsas e axudas ao estudo co fin de asegurar a igualdade de oportunidades no acceso á educación, independente das circunstancias económicas e persoais de cada estudante. Este sistema, como sinalan Celaá e Duque na declaración asinada hoxe, “non foi reformado durante o últimos seis anos, un período marcado por unhas circunstancias económicas e políticas que levaron numerosos recortes que non fixeron senón aumentar as necesidades e as demandas educativas dos grupos máis vulnerables”.

Para iniciar os estudos pertinentes, convocouse o Observatorio de Bolsas, Axudas ao Estudo e Rendemento Académico, cuxa función é asesorar e informar en materia de bolsas e rendemento académico “mediante a elaboración de estatísticas, indicadores e informes que contribúan a mellorar a eficacia e a transparencia do devandito sistema”. Esta actuación, que até agora se había circunscrito só ao ámbito universitario, ampliarase temporalmente á educación preuniversitaria coa participación do Consello Escolar do Estado.

Ademais deste organismo, na composición do Observatorio participan representantes dos axentes sociais e dos estudantes, as comunidades autónomas e as universidades, e será presidido conxuntamente polos ministros de Educación e Formación Profesional e Ciencia, Innovación e Universidades.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor