O Goberno manterá os prazos do AVE a Galicia para finais de 2019 e impulsará o sector naval en Ferrol

O Goberno manterá os prazos do AVE a Galicia para finais de 2019 e impulsará o sector naval en Ferrol

O Goberno manterá os prazos do AVE a Galicia para finais de 2019 e impulsará o sector naval en Ferrol A Moncloa, Madrid, martes 17 de xullo de 2018 Reunión entre o presidente do Goberno e o presidente da Xunta de Galicia O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Xunta de Galicia,

O Goberno manterá os prazos do AVE a Galicia para finais de 2019 e impulsará o sector naval en Ferrol
A Moncloa, Madrid, martes 17 de xullo de 2018

Reunión entre o presidente do Goberno e o presidente da Xunta de Galicia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantiveron esta tarde no Palacio da Moncloa un encontro de dúas horas no que quedou de manifesto a boa sintonía das relacións entre ambos os gobernos, nun momento de necesaria lealdade institucional.

Entre outros temas, ambos os dirixentes acordaron pór en marcha a Comisión bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma co fin de impulsar unha importante axenda de traballo.

En concreto, poranse en marcha as comisións bilaterais de Política Territorial, Fomento, Facenda, Cultura, Industria e Defensa.

Da reunión mantida esta tarde no Palacio da Moncloa destaca o compromiso do presidente do Goberno de España de que finalicen as obras do AVE nos prazos establecidos. Manterase por tanto a posta en servizo do tramo Madrid-Ourense, en probas, para finais do ano 2019 e a licitación, en 2018, do ramal Lugo-Ourense, que permitirá a conexión con Lugo en 2021. Polo que se refire ao ramal Vigo-Ourense, ambos os presidentes acordaron permanecer á espera do preceptivo informe de impacto ambiental.

Tamén se abordou un asunto de especial relevancia en materia de investimentos para o sector naval en Ferrol. O Goberno vai apostar por Ferrol e por Navantia coa axilización dos expedientes para a construción de novas fragatas F-110, que son unha necesidade para as Forzas Armadas españolas e que suporán unha garantía de emprego para a comarca.

Do mesmo xeito, o presidente Sánchez transmitiu ao presidente Núñez Feijóo o seu compromiso para revitalizar o Sistema Nacional de Dependencia, tal e como anunciou esta mañá na súa comparecencia no Congreso, así como o mantemento dos actuais criterios na reforma da PAC e a consideración de axudas específicas para as rexións en transición nos fondos de cohesión.

O presidente do Goberno tamén manifestou ao presidente da Xunta o seu compromiso cos afectados pola explosión de material pirotécnico en Tui e cos danos causados polos incendios, para os cales se axilizarán as tramitacións de emerxencia comprometidas.

Por último, ambos os presidentes falaron sobre o Xacobeo 2021 e quedou clara a vontade do Goberno de participar por distintas vías para lograr o éxito nacional e internacional deste novo Ano Santo Compostelán. Ambos os dirixentes acordaron subscribir un convenio en materia de actuacións culturais entre o Estado e a Xunta de Galicia para o período 2018-2021.

Coa visita de Núñez Feijóo, o presidente do Goberno proseguiu hoxe a súa rolda de contactos cos presidentes autonómicos. O pasado 25 de xuño recibiu ao lehendakari do Goberno Vasco, Íñigo Urkullu, e 9 de xullo ao president da Generalitat de Cataluña, Joaquim Torra.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor