O mércores 27 de xuño a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) estará en Boqueixón

O mércores 27 de xuño a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) estará en Boqueixón

A realidade da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) en Boqueixón da man de AGAELA 27/06/2018 a las 19:00 – 20:00 DONDE: Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón Lugar Forte 0 S N 1588, 15881 Forte, A Coruña España PRECIO: Gratis CONTACTO:  AGAELA  660532298 O mércores 27 de xuño terá lugar unha presentación a cargo

A realidade da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) en Boqueixón da man de AGAELA

27/06/2018 a las 19:00 – 20:00
DONDE:
Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón
Lugar Forte
0 S N 1588, 15881 Forte, A Coruña
España
PRECIO:
Gratis
CONTACTO:
 AGAELA
 660532298

O mércores 27 de xuño terá lugar unha presentación a cargo da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) no Concello de Boqueixón, dirixida a toda a cidadanía:

  • Presentación de AGAELA.

Abordaranse as características da ELA, as funcións da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), a importancia da accesibilidade, dos produtos de apoio e dos dispositivos de comunicación aumentativa e alternativa no mantemento da calidade de vida das persoas afectadas pola ELA.

Impartida por Jessica Garabal – Coordinadora de AGAELA

  • A visión dun afectado de ELA.

Nesta parte de presentación un afectado de ELA, Manuel Rodríguez, amosará a súa visión da enfermidade e da vida. Co seu relato poderemos coñecer cómo é o proceso da enfermidade, que no caso de Manuel, ten unha evolución de 13 anos.

Impartida por Manuel Rodríguez – Afectado de ELA e Vogal de AGAELA

  • O coidador principal na ELA.

Por último, abordarase a perspectiva do coidador da man da coidadora principal de Manuel, que exporá os coidados e necesidades que ten unha persoa afectada de ELA no seu día a día dende súa experiencia persoal como coidadora.

Impartida por Cruz Ansemil – Coidadora principal de Manuel Rodríguez

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor