O móbil de 27 kilos para a túa cabeza

O móbil pode multiplicar por 5 o peso da túa cabeza

Un artigo do Dr. Kenneth Hansraj, xefe de Medicina Espinal do New York Spine Surgery & Rehabilitation Center de Nova York. Cóntanos que canto máis nos encorvamos para mirar o móbil, o peso da cabeza aumenta de forma exponencial causando lesións na columna e as cervicais.

Efectos da inclinación da cabeza polo uso do móbil. Este gráfico mostra os efectos da inclinación que acompaña ao uso do teléfono celular. 

Imaxina que miras o móbil unha e outra vez, o intercambio de até 20 mensaxes de texto, volves pór a cabeza recta e, de súpeto, notas que che doe o pescozo. Normal! Sen darche conta estiveches aguantando uns 27 quilos durante 15 minutos soamente coas cervicais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Canto máis inclinados sobre o móbil, máis pesa a cabeza

O gráfico anterior explica perfectamente por que pesa tanto. O equipo do Dr. Hansraj concluíu que a cabeza humana pesa 5.5 kg (de media) se mantemos unha posición ergueita, é dicir, en vertical, pero conforme o pescozo dóbrase cara a adiante e ábrese o ángulo de flexión, o peso sobre as cervicais aumenta de forma que pode chegar a multiplicarse por 5.

Debido a esta mala posición da cabeza e o sobrepeso que temos, fórzanse os músculos na parte alta do pescozo e das costas, o que obriga a traballar máis intensamente para evitar que a cabeza caia no peito. Esta continua contracción dos músculos crea unha presión sobre os nervios na base do cranio, e é entón cando aparecen os síntomas chamados “TEXT NECK”, que a longo prazo poden causar problemas maiores como subluxaciones, hernias discales e artrose prematura, tensión muscular na caluga, costas e paletilla ou deformacións de columna.
Nun ano podemos chegar a acumular máis de dúas toneladas de peso sobre as nosas cervicais.

 

O propio Dr. Hansraj, en declaracións ao Whasington Post, di: “Encántame a tecnoloxía. Non estou a tratar de ir na súa contra. A miña mensaxe é: Só se debes ser consciente onde está a túa cabeza no espazo. Continúa gozando do teu smartphone e da tenología. Sinxelamente asegúrache de que a túa cabeza está ergueita”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Estes son algúns dos consellos que che damos para evitar ou aliviar os síntomas do TEXT NECK:

  • CORRIXE A túa POSTURA: Levanta as túas mans e non baixes a cabeza. A postura perfecta para consultar esa nova notificación que che chegou é ter a cabeza ergueita e as orellas á altura dos ombreiros.
  • FAI EXERCICIOS ESPECÍFICOS: O propio Dr. Hansraj apunta estes: Move a cabeza de esquerda a dereita varias veces e utiliza as mans para proporcionar resistencia e empuxar a cabeza contra elas, primeiro adiante e logo cara atrás.
  • USA MENOS O MÓBIL: isto é algo que custa, pero que, a longo prazo, teremos que expornos. Usar o móbil entre 2 e 4 horas diarias é moitísimo, e esta depedencia da tecnoloxía, non é saudable.