O novo goberno do PSOE e a custodia compartida. Que nos agarda?

O novo goberno do PSOE e a custodia compartida. Que nos agarda?

O PSOE e colectivos feministas din non á custodia compartida imposta que barallaba o anterior Goberno do PP Montón denunciou na propia web do PSOE que segundo o seu partido a custodia compartida rompe o acordo de tolerancia cero co maltratador que parecía estar asentado na sociedade española, entón parece que o PSOE ve nos

O PSOE e colectivos feministas din non á custodia compartida imposta que barallaba o anterior Goberno do PP

Montón denunciou na propia web do PSOE que segundo o seu partido a custodia compartida rompe o acordo de tolerancia cero co maltratador que parecía estar asentado na sociedade española, entón parece que o PSOE ve nos pais que solicitan dita custodia de coparentalidade a maltratadores se que ningún xuizo os teña condenado.

PSOE e colectivos feministas deron un rotundo non á custodia compartida imposta que se contempla no borrador que manexaba o anterior Goberno do PP. Este foi o froito da reunión mantida en Ferraz entre Carmen Montón, secretaria de Igualdade, e unha vintena de asociacións de feministas e de mulleres, á que tamén asistiron representantes do PSOE no Congreso e no Senado.

Os asistentes coincidiron na necesidade de evitar que chegue ao Parlamento unha lei que abre a porta segundo eles á custodia dos maltratadores. Un proxecto, ademais, que rompe o acordo de tolerancia cero co maltratador que parecía estar asentado na sociedade española, subliñou Carmen Montón, que insistiu en que un maltratador non é un bo pai e lembrou que o Grupo Socialista solicitou a comparecencia do ministro de Xustiza. Destas declaracións vemos unha belixerancia total ante dito xeito de coparentalidade e unha insinuación macabra de que os pais son maltratadores.

O modelo que pretendia o Goberno do PP, unha custodia compartida imposta na que cal segundo Montón sen argumento ningún tamén caben os maltratadores, é perigosa e pon en risco a vida dos fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, advertiu a responsable socialista de Igualdade.

Ante o recente goberno cabe esperar a ver que opinan os seus socios de goberno e que tipo de goberno se constitue, así como o que dura dito goberno. En Galicia estase a tramitar dita lei de coparentalidade con mais de 12.000 asinaturas e grupos de apoio de mulleres a prol da coparentalidade.

Estas a favor da custodia compartida? * Sempre se plantexa nos casos de que non exista motivo xudicial algún para afastar o neno da nai ou do pai

Graciñas pola tua participación!

Autor

1 comment
Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

1 Comment

  • Maika Ourensá
    Xuño 1, 2018, 16:02

    a custodia compartida tiña que ser obrigatoria!!! iso e igualdade e xustiza!

    REPLY

Autor