O Plan Termal incide na estratexia da oferta balnearia e na calidade das augas da provincia de Ourense

O Plan Termal incide na estratexia da oferta balnearia e na calidade das augas da provincia de Ourense

 

  • Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, institución que impulsou esta iniciativa para a promoción e posta en valor do termalismo ourensán, reuniuse hoxe con Mario Crecente para analizar o desenvolvemento do plan.

Ourense, 14 de xuño de 2018.- O Plan “Ourense, a provincia termal”, iniciativa promovida pola Deputación de Ourense que desenvolve conxuntamente coa Xunta de Galicia, incidirá na estratexia da oferta balnearia e na calidade das augas da provincia de Ourense, consideradas as mellores de Europa polas súas propiedades mineiro-medicinais. Así o comentaron hoxe na reunión que mantiveron no Pazo Provincial o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e Mario Crecente, responsable da consultora que desenvolve o Plan Termal, para realizar o seguimento desta iniciativa, que ten como obxectivo a promoción e posta en valor do termalismo ourensán.

Na reunión tamén analizaron o éxito que está a acadar o programa de “Termalismo social” da Deputación de Ourense, con cinco anos de crecemento continuo en número de usuarios nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, unha acción “específica, singular no ámbito termal e de gran aceptación na sociedade”, destacou Baltar, “que permite definir –dixo- estratexias e seguir deseñando programas nun ámbito inmellorable para unir saúde, ocio, lecer cultural e promoción da nosa provincia”, expresou o presidente de goberno provincial.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Un sector económico, o termal, no que a provincia terá unha especial relevancia internacional o vindeiro mes de outubro coa celebración en Ourense da asemblea xeral da Asociación europea de cidades históricas termais (EHTTA), entidade que engloba a medio centenar de representantes de 13 países e da cal Manuel Baltar é vicepresidente. O protagonismo neste cumio termal permitirá seguir potenciando a “marca Ourense” e relacionándoa coas actividades de saúde e lecer en espazos naturais e de grande valor paisaxístico, histórico e cultural, como os que ten o territorio provincial.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO