O sector da ciencia e saúde en Cataluña xera 31.087 millóns

O sector da ciencia e saúde en Cataluña xera 31.087 millóns

Biocat presentou este mércores pasado día 5 de decembro en Barcelona unha nova edición do Informe Biocat, o estudo de referencia do sector das ciencias da vida e da saúde en Cataluña. Este sector xera 31.087 millóns de euros cada ano e representa o 7,2% do produto interior bruto (PIB), contando as empresas do sector

Biocat presentou este mércores pasado día 5 de decembro en Barcelona unha nova edición do Informe Biocat, o estudo de referencia do sector das ciencias da vida e da saúde en Cataluña. Este sector xera 31.087 millóns de euros cada ano e representa o 7,2% do produto interior bruto (PIB), contando as empresas do sector e os servizos sanitarios. En conxunto, máis de 223.000 persoas traballan nel, ao redor dun 7% das persoas ocupadas en Cataluña.

De media, cada semana créase en Cataluña unha nova compañía no sector. A finais de 2017, o sector contaba con 1.060 empresas que ocupan preto de 58.000 traballadores e facturan 17.802 millóns de euros, cun crecemento medio anual do 2,4% entre 2000 e 2016.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor