O Sergas convoca 1400 novas prazas

Servizo Galego de Saúde Sergas anunciou a convocatoria dun total de 1.400 prazas na súa oferta de emprego de persoal estatutario, segundo comunicou a directora xeral de Recursos Humanos, Margarita Prado Vaamonde.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Destas 1.400 prazas, 512 corresponden a licenciados sanitarios e delas 116 destínanse a Atención Primaria, nas categorías de Medicina de Familia, Pediatría e Odontología. Así, Galicia aposta por reforzar a Atención Primaria, xa que tanto Pediatría como Medicina de Familia son as dúas categorías que máis prazas ofertan nesta convocatoria.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO