O terrorismo incendiario segue a atentar en Galicia

  • Nos incendios ourensáns queimáronse máis de 6.500 hectáreas Ata o de agora hai un total de 11 incendios activos
  • A calor e o vento xogan contra os bombeiros 

 

Os atentados incendiarios continúan sen parar en Galicia, que mantén 11 fontes activas e algunhas sen control por parte dos bombeiros.

Publicidade Xornal Galego:

A rapidez coa que se propagan as chamas é de grande preocupación e os axentes de seguridade, máis os bombeiros, están a facer todo o posible para frear o seu rápido avance. Esta fin de semana houbo condicións ideais para unha fácil propagación, coma sempre que atentan contra Galicia. 

A calor e o vento xogan contra os bombeiros e a prol dos terroristas; moitos veciños pasaron a noite intentando arrefriar o entorno das súas casas. Dende a Xunta de Galicia novamente se fala de clara intencionalidade nos incendios que afectan, sobre todo, á provincia de Ourense, con especial atención a zonas como o Macizo Central da provincia. Novos atentados que pouco parecen preocupar alén dos veciños afectados…