O trigo empeora a esclerose múltiple e varias enfermidades autoinmunes

Cada vez máis persoas seguen unha dieta sen glute, aínda que a celiaquía estabilizouse, o que moitos consideran unha moda promulgada por naturópatas, en realidade agocha toda unha evidencia científica detrás, por iso cada vez mais xente segue este tipo de dietas.

Os inhibidores da amilasa e a tripsina (ATI) son unha familia de proteínas que, como o glute, atópanse no trigo. Os ATI empeoran a asma, o lupus, a artrite e as enfermidades inflamatorias intestinais e poderían causar a sensibilidade ao glute

Como co glute nas persoas celiacas, poden desencadear unha reacción inmune molestas e mesmo graves, numerosas investigacións suxeriron que detrás da sensibilidade ao glute non celiaca, enfermidade asociada cos síntomas, tanto gastrointestinales como extradigestivos, típicos da celiaquía e que padece até un 5-10% da poboación estarían estes ATI inhibidores da amilasa e a tripsina.

Investigadores da Universidade Johannes Gutenberg (Alemaña) establece que os ATI son responsables da inflamación en moitas enfermidades crónicas, coma a esclerose múltiple, a asma ou a artrite reumatoide.

Detlef Schuppan no Congreso Europeo de Gastroenteroloxía 2016 en Viena (Austria), afirmou que «ademais de contribuír ao desenvolvemento de enfermidades inflamatorias relacionadas co intestino, cremos que os ATI poden promover a inflamación noutras enfermidades crónicas fose do tracto dixestivo. Esperamos que o noso traballo derive nunha recomendación que aconselle unha dieta libre de ATI para axudar a tratar unha variedade de trastornos inmunes potencialmente graves».

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

«os nosos resultados demostran que os ATI presentes no trigo, que tamén están a contaminar os alimentos comercializados con glute, activan algúns tipos de células inmunes específicas tanto no intestino como noutros tecidos, empeorando así, cando menos de forma potencial, os síntomas asociados ás enfermidades inflamatorias pre-existentes».

Esta inflamación nos pacientes autoinmunes producen un empeoramento da patoloxía coma na esclerose múltiple, o lupus, a asma, as enfermidades inflamatorias intestinais, colitis ulcerosa, Crohn, artrite reumatoide e a esteatosis hepática non alcohólica (fígado graso)…

Na sensibilidade ao glute non se identificou ningún marcador que posibilite a identificación dos afectados. Da sensibilidade ao glute non celiaca comezouse a falar nos anos oitenta , os pacientes manifestan síntomas da intolerancia ao glute, máis non padecen nin celiaquía nin alerxia ao trigo con síntomas gastrointestinais como diarrea, dor e hinchazón abdominal, e outros coma xaquecas, fadiga, o eczema, dores articulares.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO