Ó Vigo2015 desprázase a Santiago para xogar o sábado ás 12 no Pabellón de Santa Isabel

Este fin de semana o Vigo2015 desprázase a Santiago para xogar o sábado ás 12 no Pabellón de Santa Isabel para enfrontarse ao Santiago Futsal, actualmente 3º clasificado con 28 puntos,mentres que o equipo vigués marcha como lider da División de Honor Xuvenil ata a data intentará seguir coa imbatibilidade que mantén.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para este partido o mister Lucas Fernández conta coa totalidade do persoal recuperando aos lesionados Alex e Alberto. Entra na convocatoria o porteiro cadete Yoel que este xoves disputou o Campionato galego de Seleccións comarcales coa Selección de Vigo.
O partido preséntase moi complicado xa que o Santiago ten que gañar para non perder o tren da liga e na súa casa é un equipo moi dificil, pola súa banda o Burela está a 3 puntos dos vigueses e este fin de semana xogan contra o Lugo Sala outro rival moi complicado e que vai situado en 4º posición da liga.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO