Os bebés que nacen na casa teñen mellor microbiota

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os bebés que nacen en casa teñen durante o primeiro mes de vida bacterias máis diversas e beneficiosas, Se se comparan cos bebés nados nun hospital.

Segundo un estudo da Universidade de Rutgers (Estados Unidos) publicado na revista « Scientific Reports».

Comprender por que os bebés teñen unha microbiota máis diversa podería axudar, a previr enfermidades xa que o microbioma humano está formado por billóns de bacterias, fungos e virus que viven no corpo humano en simbiose, ademais moitos achegan beneficios á saúde e preveñen enfermidades crónicas como a obesidade, a diabetes, a asma e os trastornos inflamatorios intestinais.
“Non se coñecen as razóns das diferenzas, pero especulamos que o baño infantil temperán e a profilaxe ocular con antibióticos ou factores ambientais como a contorna aséptica do hospital poden estar involucrados”, aseguran os expertos.
No estudo,  analizaron 35 bebés durante un mes, xusto despois do nacemento por parto natural. Deles, 14 nacendo en casa (catro deles en auga) e 21 no hospital, todas as nais foron atendidas por unha matrona e déronlles a lactación ao pouco de nacer.
As mostras fecais dos que naceran nun hospital tiñan maior expresión de xenes inflamatorios, en comparación cos bebés nados no fogar.