Os CEIP Labarta Pose, Ponzos, e A Xunqueira fanse coa VII edición dos premios ‘Nós tamén creamos!

Os CEIP Labarta Pose, Ponzos, e A Xunqueira fanse coa VII edición dos premios ‘Nós tamén creamos!

Os CEIP Labarta Pose, Ponzos, e A Xunqueira fanse coa VII edición dos premios ‘Nós tamén creamos!’ O certame recoñece as mellores curtas de animación en galego elaboradas en stop-motion por profesorado e alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria Nós tamén creamos! forma parte do programa de dinamización lingüística homónimo que promoven

Os CEIP Labarta Pose, Ponzos, e A Xunqueira fanse coa VII edición dos premios ‘Nós tamén creamos!’

O certame recoñece as mellores curtas de animación en galego elaboradas en stop-motion por profesorado e alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria

Nós tamén creamos! forma parte do programa de dinamización lingüística homónimo que promoven a Consellería e mais a CRTVG en colaboración con OQOeditora

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer a través do seu Portal educativo e mais do Portal da lingua galega a resolución da VII edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, convocados conxuntamente coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.

Na modalidade de educación infantil o xurado acordou concederlle o premio ao profesorado e ao alumnado do CEIP Labarta Pose de Zas (A Coruña) polo filme “A mellor sopa do mundo”. Igual título ten o traballo premiado na categoría de 3º e 4º de primaria, elaborado no CEIP A Xunqueira de Pontevedra. Na modalidade de 1º e 2º de primaria, a seleccionada foi a curta “Coas mans baleiras” do CEIP de Ponzos, de Ferrol (A Coruña).

Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As curtametraxes seleccionadas poden verse no Portal da lingua galega (www.lingua.gal/nos-tamen-creamos), así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es).

Programa de dinamización da lingua galega

‘Nós tamén creamos!’ é un programa de dinamización lingüística que desenvolven a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e a CRTVG en colaboración con OQOeditora.

Mediante a elaboración de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion que adaptan narracións literarias, búscase favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas; conseguir unha relación positiva dos rapaces co idioma propio de Galicia, ao relacionalo co audiovisual e coas TIC; abrir unha nova oportunidade para que as nenas e nenos se acheguen á lectura en galego; fomentar a creatividade en lingua galega e difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a TVG. Ademais, no marco do Plan Proxecta, o profesorado implicado recibe materiais e formación, para levar adiante co seu alumando estes proxectos cinematográficos.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor