Os Franco agochaban no Pazo de Meiras o carro de Manolo Escobar

A familia Franco agochaba no pazo de Meirás o carro de Manolo Escobar en perfecto estado e cargado inda de palla para as vacas.

Informa: Grazita Morais | Xornal Galego sección chouchadas

Durante o inventario no Pazo de Meiras atoparonse centos de obxectos sustraidos os seus donos orixinais, mais neste caso a familia Franco foi mais aló do desexado o ocultar nun cortello anexo o carro de Manolo Escobar. O carro ten un valor de mercado de uns 40 millóns de euros segundo apuntan fontes do ministerio de cultura.

Publicidade Xornal Galego:

“O carro foi sustraído seguramente polo forza xa que nel atopamos restos de sangue; inda que tamen e posible que o empregasen para facer unha matanza, neste caso de porcos que Franco non só gustaba de matar comonistas” apuntou Rogelio da Moura; experto en opinión no teleclú da aldea de Lamoso.

Fontes achegadas a este xornal en Ibiza din que Pocholo sempre ría a esgalla cando escoitaba a canción “donde estará mi carro”.

Seguiremos embrullando!