Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates

Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates

A maioría dos mamíferos macho, incluído o chimpancé, teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares ás uñas. Esta característica desapareceu no home cun pequeno anaco de ADN.

Publicidade Xornal Galego:

A maioría dos mamíferos macho teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares ás uñas, que utilizan para refugar o esperma doutros competidores e propiciar a ovulación.

Un estudo realizado polas universidades de Standford e Pensilvania, en Estados Unidos, revelou en 2011 que esta característica desapareceu no home cun fragmento de ADN que se eliminou durante a nosa evolución.

Para chegar a esta conclusión, os investigadores, partiron da hipótese de que, en lugar de que o ADN humano teña vantaxes sobre o do chimpancé, “nalgún momento da evolución perdemos algunhas cadeas de información xenética”.

Así atoparon 510 seccións de código perdido é elixiron as rexións de ADN relacionadas con hormonas masculinas, e descubriron que eran responsables da perda dos bigotes sensoriais e das espiñas do pene, así como do crecemento do cerebro.

As espiñas do pene son comúns noutros animais, incluíndo a chimpancés, macacos e ratos.