Os nenos que non teñan feita a comunión non poderán ir a escola

“A falla de vacina fai inasumible para un estado laico que os nenos sen comunión podan voltar as escolas” declarou Sor Penélope; portavoza da igrexa católica para os asuntos escolares.

Informa: Sor Presa redactora xefa de información eclesiástica da sección Chouchadas.

“O que non imos é permitir que os nenos sen ter feito a comunión, se mesturen libremente con nenos sen enfermidade ningunha na escola; e dicir nenos sans” comentou Sor Penélope a este medio “se os nenos inda non teñen idade de ter feito a comunión deberán entrar na escola rezando o Ave María e presignandose; ese sera o xeito de diferenciar or nenos normais dos herexes…”

Publicidade Xornal Galego:

Ante as continuas criticas que recibiu esta iniciativa, Sor Penélope quiso tranquilizar os pais con esta pacificadora mensaxe “se os vosos fillos non fixeron a comunión o que deben e arder no inferno e así xa non collen o covid nin o covad”.

Seguiremos embrullando!