Os nenos tomarán augardente de herbas antes de ir a escola

Ante as queixas de pais, nais e mestres a Xunta ven de aprobar unha medida de protección sen igual, os nenos galegos deberán tomar un chupito de augardente de herbas antes de entrar na escola e outro o sair.

Informa: Carmelita Botellón | Xornal Galego sección chouchadas

“Con esta medida daremos un pulo a un dos productos mais típicos de Galicia e protexeremos os cativos do covid. Os nenos e nenas do rural terán que tomar o chupito a pelo, para os de cidade; especialmente os das escolas privadas ou concertadas o chupito poderá ser rebaixado con Gaseosa da marca Feijoó” declarou a consellería de saúde.

Publicidade Xornal Galego:

Os pais e nais divididos ante esta medida solicitan a retirada inmediata desta medida por non contemplar que poda haber nenos que prefiran augardente branca.

Caballero pola sua parte pide abrir a posibilidade de que tamen o ponche Caballero sexa incluído na lista de bebidas anti covid.

Seguiremos Embrullando!