Os socios de FACUA Galicia reelixen a Víctor Muñoz presidente da asociación

Xullo González é elixido como secretario xeral. Tamén aprobaron por unanimidade a memoria de actividades e contas de 2019, así como a proposta de accións e orzamento para o exercicio 2020.

Os socios de FACUA Galicia reelixen a Víctor Muñoz presidente da asociación

Publicidade Xornal Galego:

Víctor Muñoz foi reelixido polos asociados de FACUA Galicia como presidente da asociación. A votación tivo lugar na celebración da súa 4ª Asemblea Xeral, celebrada por videoconferencia debido ao actual nivel de risco por contagios do Covid-19.

Xullo González foi elixido secretario xeral da asociación, substituíndo no cargo a Alfonso V. Muñoz, que pasa a ser vocal de FACUA Galicia.

Así mesmo, os socios aprobaron por unanimidade o balance de contas e as actividades realizadas no exercicio 2019, así como a proposta de accións e o orzamento previsto para 2020.