Paco Buyo o eterno porteiro galego do Real Madrid

Paco Buyo o histórico porteiro galego que triunfou no Real Madrid

Lugar e ano de nacemento: Betanzos (A Coruña), 1958.
Posición: Porteiro.
Club de debut: Ural.
Marca de imbatibilidade: 709 minutos co Real Madrid.
Trece títulos e dous trofeos Zamora son os avais de Paco Buyo para figurar entre os mellores xogadores galegos da historia. Este porteiro chegou a xogar 500 partidos na elite e conseguiu unha histórica marca de imbatibilidade co Real Madrid.

Publicidade Xornal Galego:

A súa carreira comezou no Ural coruñés. De aí pasaría ao Betanzos, despois ao Mallorca e terminaría recalando no Dépor en 1977, cando os branquiazuis estaban en Segunda División. En 1980 ficha polo Sevilla. 6 tempadas e un rendemento sublime valéronlle para que o Madrid acometese a súa fichaxe en 1986. Estaría dez anos no club branco, formando parte da Quinta do Buitre.

Real Madrid
Liga de España (6): 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1994–95, 1996–97
Copa do Rei (2): 1988–89, 1992–93
Supercopa de España (4): 1988, 1989, 1990, 1993
País
Eurocopa: Finalista 1984
Individual
Trofeo Zamora (2): 1987–88, 1991–92