Papa Francisco “excomulgarei a Messi se non ficha no Celta”

O Papa Francisco sempre asociou a cor celeste do Celta co ceo, así unha vez mais solicitou abertamente que o futuro de Messi pase polo Celta de Vigo

Informa: Ana Berce Bru | Xornal Galego seccion chouchadas

Os centos de fieis puideron escoitar coma o Papa indicaba hoxe o camiño a seguir a Messi “excomulgarei a Messi se non ficha no Celta, por min coma se arde no inferno. Un xogador que tenta ser referente mundial debe xogar nun equipo celestial” afirmou o Papa Francisco na sua misa diaria no Vaticano.

A preguntas deste xornal o Papa Francisco tamen matizou “o Celta de Vigo é moito mais ca un clube, representa o ceo, a unha raza, a un sentimento, a un pobo…” enfatizou a sua santidade diante de centos de relixiosos congregados no Vaticano, posteriormente o Papa notablemente emocionado comezou a cantar a Rianxeira ante todos os fieis. Na foto de arquivo podese ver a Messi tentanto botar un peido disimulado o día da festa dos “callos en Porriño”.

Publicidade Xornal Galego:

Seguiremos embrullando!

Publicidade Xornal Galego: