Pide no Sergas unha vacina e implantanlle unha vaxina

Un home veciño de Coristanco acude as urxencias do Sergas dicindo que se atopa mal e que quere unha vacina, o despertar da anestesia descubriu o erro lingüistico…

Informa: Charles Callón | Xornalista e presidente da mesa pola normalización vaxinal da sección chouchadas

Segundo afirmou Carlos Baralla de 34 anos e veciño de Coristanco; concretamente do barrio do Crego, e que prefire permanecer no anonimato “A confusión foi claramente culpa miña, eu cheguei alí e atendeume un médico moi atento. Dixenlle que non me sentía ben e que queria unha vacina” relata o paciente inda en claro estado de shock.

Publicidade Xornal Galego:

“A ver o doutor dixome: ¿se siente usted mal con su cuerpo? e claro eu disenlle a verdade e que teño mal corpo, quero unha vacina!” relata Carlos visiblemente afectado. “O doutor dixome: Sabe usted que debemos ponerle anestesia verdad? e eu claro no momento cos nervios disenlle que me daba igual; que eu queríame sentir ben e que unha vez que tivera a vacina ia sentir mellor o corpo. E claro el fixome asinar alá uns papeis e fora…”

Segundo o doutor de orixe Vallisoletano “El paciente tiene derecho a que lo antendamos en castellano porque es la lengua de España, quien iba a pensar que vacina no era vagina en el dialecto ese de Coristanco” apuntou o galeno.

Pola sua banda o paciente manifestou a sua negativa a impoñer demanda ningunha “e un erro culpa do noso idioma que se lle fai moi dificil os de fora, e a verdade e que agora xa me estou acostumando a vaxina. O comezo faciaseme estrano non agharrar do aparello pra mexar, mais o final todo son vantaxes, cando todo isto pase eille levar unhas botellas de augardente da casa o doutor”.

Seguiremos embrullando!