Poio organiza un curso de Páxinas Web e Blogues con WordPress

Curso de iniciación á Creación de Páxinas Web e Blogues con WordPress

DíaHora inicioHora fin
30/07/201811:3013:00
31/07/201811:3013:00
31/07/201811:3013:00
01/08/201811:3013:00
02/08/201811:3013:00
03/08/201811:3013:00
06/08/201811:3013:00
07/08/201811:3013:00
08/08/201811:3013:00

Evento

Publicidade Xornal Galego:

Observacións

WordPress comezou como unha plataforma de blogues, pero actualmente acadou un grande éxito na creación de páxinas web debido a súa facilidade de uso. Neste curso veranse os conceptos básicos da linguaxe HTML e como crear páxinas web sinxelas con WordPress de xeito gratuíto. Verase tamén como crear e manter o noso propio blogue, unha das varias formas de comunicación na Internet, elaborando, subindo e mantendo actualizado o seu contido. – Todos os cursos das Aulas Cemit son gratuítos. – Requírese Coñecementos básicos de Informática e ser maior de 14 anos (menores de idade con autorización). – Terán preferencia na inscrición ao curso os residentes no Concello de Poio. – As inscricións comunicaranse o derradeiro día do prazo de solicitude. – Poderase descargar un Diploma de Asistencia, para o que se require unha asistencia mínima do 80%. Este diploma non certifica nin homologa os coñecementos adquiridos no curso.