Probióticos contra a desnutrición infantil

Probióticos contra a desnutrición infantil

Probióticos contra a desnutrición infantil, un proxecto dirixido polo CSIC Fonte: CSIC Un proxecto dirixido desde o Consello Superior de Investigacións Científicas (CISC) está a traballar no desenvolvemento de alimentos vexetais probióticos destinados a poboacións infantís con problemas de desnutrición. É unha colaboración internacional na que, ademais de España, tamén participan centros de investigación de

Probióticos contra a desnutrición infantil, un proxecto dirixido polo CSIC

Fonte: CSIC

Un proxecto dirixido desde o Consello Superior de Investigacións Científicas (CISC) está a traballar no desenvolvemento de alimentos vexetais probióticos destinados a poboacións infantís con problemas de desnutrición. É unha colaboración internacional na que, ademais de España, tamén participan centros de investigación de Arxentina, Colombia, Guatemala, México, Nicaragua e Perú.

Lactobacilo visualizado ao microscopio óptico de varrido./ (CSIC)

A iniciativa, bautizada como ProInfant, céntrase no estudo de alimentos vexetais fermentados de uso tradicional en Iberoamérica co obxectivo de que cada país poida elaborar alimentos probióticos con materias primas e bacterias autóctonas. A funcionalidade do novo alimento creado a partir deste proxecto analizarase en laboratorio e mediante un estudo de intervención con nenos de estratos sociais desfavorecidos de Guatemala.

Os alimentos probióticos son microorganismos vivos que cando se administran en cantidades adecuadas confiren un beneficio á saúde do hospedador. Neste proxecto centrámonos nun dos probióticos máis habituais, Lactobacillus spp., para avaliar a súa capacidade de produción de vitaminas e compostos antimicrobianos, co obxectivo de seleccionar as cepas capaces de competir fronte aos patógenos causantes de infeccións que se agravan en estados de malnutrición crónica?, explica a investigadora do CSIC e coordinadora do proxecto Patricia Ruas-Madiedo, do Instituto de Produtos Lácteos de Asturias.

Materias primas autóctonas

As materias primas e os produtos fermentados seleccionados responden a criterios de uso tradicional e consumo local: agave e huanzotle en México, pulpa fermentada de jícaro en Nicaragua, masato de yuca e chicha de sete sementes en Perú, e masato de millo, masa de millo anello e almidón de yuca en Colombia.

Entre os obxectivos dos investigadores atópase tamén a creación de coleccións de bacterias lácticas propias en cada país, así como o estudo de 27 cepas xa coñecidas, co fin de seleccionar aquelas que mostren mellor comportamento. Analizaranse os xenomas destas cepas de bacterias para detectar características probióticas e posibles resistencias transmisibles a antibióticos.

Tras o illamento, caracterización e selección das que presentan mellores características probióticas, as bacterias engádense ao alimento de base vexetal sen fermentar, por exemplo unha papilla pasterizada a base de millo, soia e leite en po, comenta a investigadora.

Ámbito do Protocolo Nagoya

ProInfant trata de implementar as directrices o protocolo Nagoya sobre o acceso aos recursos xenéticos e a participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da súa utilización, que busca contribuír á conservación da diversidade biolóxica e a utilización sustentable dos seus compoñentes.

Este proxecto finánciase mediante fondos do Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento e mediante recursos achegados polos Organismos Nacionais de Ciencia e Tecnoloxía dos países participantes, no caso de España a través do Programa Estatal de I+D+i Orientado aos Retos da Sociedade, do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor