Putin ofrece de balde a vacina rusa a ONU

Putin defendeu a vacina rusa e ofreceulla gratis á ONU. O presidente de Rusia afirmou que o seu país está listo para fornecer a outras nacións a denominada Spútnik V

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, defendeu este martes ante a ONU a vacina do seu país contra o coronavirus e ofreceulla de forma gratuíta á organización para que protexa a todos os seus empregados.

Publicidade Xornal Galego:

Na súa mensaxe en vídeo á Asemblea Xeral, Putin apuntou que o seu goberno está listo para ofrecer a Nacións Unidas toda a asistencia necesaria, o que inclúe vacinación gratis para todo o persoal que o desexe.

Tamén dixo que o seu país está aberto a fornecer a outras nacións a denominada Spútnik V, que conforme destacou demostrouse segura e efectiva.

Putin insistiu en que os cidadáns de todo o mundo deberían ter acceso gratuíto a unha vacina contra o covid-19. Subliñou tamén a vontade do Kremlin de traballar con outros gobernos para compartir métodos de diagnóstico e de tratamento da enfermidade.

Ademais, en contraste con Estados Unidos, defendeu que a Organización Mundial da Saúde debe ter un papel central á hora de coordinar a resposta e dixo que Rusia está a traballar para reforzar a capacidade da entidade con sede en Xenebra.