Realizarase obra de investigación sobre a Catedral de Santiago para Xacobeo 2021

Realizarase obra de investigación sobre a Catedral de Santiago para Xacobeo 2021

O Goberno galego impulsa a realización da maior obra de investigación sobre a Catedral de Santiago cara ao Xacobeo 2021 Feijóo avanza que o estudo contará coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros Sinala que o estudo, que se publicará en dous volumes en 2020, incluirá

O Goberno galego impulsa a realización da maior obra de investigación sobre a Catedral de Santiago cara ao Xacobeo 2021

Feijóo avanza que o estudo contará coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros

Afirma que o traballo, que aspira a converterse nun estudo de referencia a nivel internacional, abordará a construción da Catedral, a súa evolución ao longo dos séculos e a súa relación coa cidade e o Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a colaboración coa Catedral de Santiago na realización da maior obra de investigación sobre este templo.

Así, tras autorizar hai dous meses un acordo coa Catedral para clasificar a documentación sobre o Camiño de Santiago que está no arquivo catedralicio, a Xunta achegará 210.000 euros para investigar e afondar na historia do santuario, contando coa participación de historiadores, especialistas na historia da arte, arqueólogos, arquitectos, restauradores e teólogos, entre outros.

Segundo detallou o xefe do Executivo galego, o estudo, que se publicará en dous volumes en 2020, incluirá todos os descubrimentos que se fixeron durante a restauración da Catedral así como o propio proceso de rehabilitación.

Trátase dunha obra coral que axudará a comprender o templo e todas as circunstancias históricas e culturais arredor del, aspirando así a converterse nun estudo de referencia a nivel internacional.

O traballo, que abordará a construción da Catedral, a súa evolución ao longo dos séculos e a súa relación material e inmaterial entre o templo, a cidade e o Camiño de Santiago, pretende ser herdeiro das investigacións do medievalista americano Kenneth John Connant, un dos escasos académicos que no século XX fixeron achegas integrais ao santuario.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor