Reforma da lei de enxuizamento criminal dende unha perspectiva de xénero

O Goberno revisará a reforma da Lei de Enxuizamento Criminal dende unha perspectiva de xénero

O Executivo aprobou unha subvención directa a Cruz Vermella española de máis de 18 millóns de euros para a atención humanitaria a persoas inmigrantes. Ademais, mellorará a atención prestada nos centros de acollida de menores estranxeiros non acompañados de Ceuta e Melilla.

O Consello de Ministros aprobou a creación dun consello asesor que revisará o a Lei de Enjuiciamiento Criminal desde un enfoque de xénero, co fin de impulsar un novo texto normativo que atenda adecuadamente a realidade social.

Este consello proporá as reformas necesarias para adaptar o ordenamento xurídico actual ás novas esixencias expostas pola sociedade en materia de xénero, en particular nos ámbitos civil e penal, o que constitúe un obxectivo prioritario para o Goberno.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A ministra de Educación e Formación Profesional e portavoz do Executivo, Isabel Celaá, destacou que o consello estará formado na súa maioría por “mulleres de enorme prestixio no campo da magistratura e do estudo de xénero”

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta