Representantes da plataforma Vítimas Alvia 04155 expuxeron a súa opinión sobre o accidente

A Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria reuniuse coa Plataforma de Vítimas Alvia 04155 o pasado xoves 11 de outubro de 2018

Conforme ao compromiso adquirido polo ministro de Fomento, José Luís Ábalos, a Dirección da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria reuniuse cunha delegación da Plataforma de vítimas Alvia 04155, na sede da citada Axencia.

No encontro, os representantes da plataforma expuxeron á Axencia a súa opinión sobre o accidente ocorrido en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013 e a actuación do sector ferroviario en relación co mesmo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Igualmente, propuxeron actuacións para mellorar a seguridade ferroviaria, que van ser estudadas pola Axencia para a súa posible inclusión entre as actividades normativas, de supervisión ou de difusión da cultura da seguridade. Esta una das prioridades establecidas polo Ministerio de Fomento nas materias do seu ámbito de competencia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO