Retiran un medicamento para o Alzheimer

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) informou nunha alerta farmacéutica de que a data de caducidade do lote afectado corresponde ao 30 de xuño de 2019.

Este medicamento foi fabricado polo Grupo Uriach, con sede no munipio de Palau-solità i Plegamans (Barcelona).

A Aemps, dependente do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social insta as comunidades autónomas a que realicen un seguimento da súa retirada.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O organismo que dirixe María Jesús Lamas sinala na alerta que a retirada deste medicamento débese a que o “resultado fóra de especificacións obtido nos estudos de estabilidade en curso para o parámetro velocidade de disolución a 24 meses”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO